🎵

Xa Fun A Marín

Cantigas Populares Galegas

LETRA

Traducir
Xa Fun A Marín
Xa fun a Marín, xa pasei o mar,
xa comín laranxas do teu laranxal.
Ai, Santiago para pantrigo
ai, Padrón para as empanadas,
ai, Caldas para as boas mozas,
ai, Pontevedra para damas.
Ai lalelo, ai lalalo

Ai, teño unha moza nos portos
ai, outra no Ribeiro de Avia,
ai, se a dos portos é bonita,
ai, a do Ribeiro lle gaña.
Ai lalelo, ai lalalo
Ai, esta noite e mais a outra,
ai, e mais a outra pasada,
ai, abalei unha pereira,
ai, que nunca foi abalada.
Ai lalelo, ai lalalo
Ai, eu caseime e ampareime,
ai, agora estou amparada,
ai, de solteira roupa nova,
ai, de casada remendada.
Ai lalelo, ai lalalo
Ai, un amor que me ama,
ai, outro que me dá diñeiro,
ai, outro que me desengana,
ai, ese é o verdadeiro.
Ai lalelo, ai lalalo
👤
Letra enviada por @cosasgiramachine

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Cantigas Populares Galegas

Ver artista