🎵
LETRA
A Carolina A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés, vístese pola cabeza e díspese polos pés. -Bailaches Carolina? -Bailei no cuartel. -Dime con quen bailaches. Bailei co coronel (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, no cuartel. O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu Xosé (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado, namais entra a Carolina co seu cocho polo rabo. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor. (tres veces) Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar, porque che levanta a saia e é moi mala de baixar. BIS -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor. Carolina ten un niño entre as tellas do tellado. O niño de Carolina cando chove está mollado.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A DornaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas