🎵
LETRA
Unha Noite Na Eira Do Trigo Unha noite na eira do trigo ó refrexo do branco luar unha nena choraba sin trégolas os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decia, "xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben". Os seus ecos de malenconía camiñaban nas alas do vento i o lamento repetía: "vou morrer e non vén o meu ben!". Lonxe dela, de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor emigrado, camiño de America vai o pobre, infelís amador. I ó mirar ás xentís anduriñas cara á terra que deixa cruzar: " quen pudera dar volta - pensaba-, quen pudera convosco voar!". Mais a aves i o buque fuxían sin ouír seus amargos lamentos; solo os ventos repetían:, "quen pudera convosco voar!" Noites craras de aromas e lúa desde entón que tristeza en vós hai prós que viron chorar unha nena prós que viron un barco marchar! Dun amor celestial verdadeiro quedou solo de bágoas a proba unha cova nun outeiro i on cadavre no fondo do mar.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas