🎵
LETRA
Un Adiós Mariquiña Como ti vas pra lonxe i eu vou pra vello, un adiós, Mariquiña, mandarche quero, que a morte é o diaño i anda rondando as tellas do meu tellado. Cando deixes as costas da nosa terra nin lus nin poesía quedará nela. Cando te vaias vaise contigo o ánxel da miña garda. Pombiña mensaxeira de branca pruma, fálalle ós emigrados da patria súa. Dilles, mimosa, que deles apartada Galicia chora. Dilles que prós seus lares tornen axiña; que sin eles non queren pintar as viñas, regar os regos, madurar as castañas nos castiñeiros Dilles que non hai terra millor que a nosa, máis ridentes paisaxes, máis frescas sombras, máis puros ceos, nin lúa máis lucente no firmamento. Dilles que súas obrigas eiquí os esperan, ¡e se onde elas non morren que se condenan! ... I agora voa, pombiña, e que te guíe Nosa-Señora.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas