🎵
Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa
Cantigas Populares Galegas
Cantigas Populares GalegasLetra oficial
LETRA
Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa Vente vindo BIS que eu tamén me vou andando, fixen a cama na folla, o vento vaima levando BIS ailalelo, ailalalo. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar. O paxaro cando chove BIS mete o rabo na silveira, así fan as boas mozas cando non hai quen as queira BIS ailalelo, ailalalo. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar. Ó muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero cando está alto baixalo cando está baixo erguelo. Rabiaches pola peneira, rabiaches por peneirar, rabiaches por ter amores, rabiaches por te casar. Unha nena nunha fonte por unha verza bebía, a verza estaba rachada toda a auga lle vertía. Rabiaches pola peneira, rabiaches por peneirar, rabiaches por ter amores, rabiaches por te casar. Maruxiña, Maruxiña xa vai boa que te espero; cando queiras enfornar tamén ha de ser se eu quero. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar. Miña cuñadiña nova meu irmán éche pequeno, se queres que medre logo, levaraslle o almorzo cedo. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar. Mala feira fixo Rosa por facer non fixo nada, de solteira roupa nova de casada remendada. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar. Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe quéixome de quen mo vende, que non che mo dá de balde. Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar, toleaches por ter amores, toleaches por te casar.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas