🎵
LETRA
Se Queres A Boa Moza Se queres a boa moza non vaias á romaría, vaina buscar á súa casa con roupa de cada día. Aí che vai, Maruxiña, aí che vai, aí che vai , aí che vai, Maruxiña! no curral de teu pai, no curral de teu pai encirráronme o can, e saíu a miña sogra cunha tranca na man, cunha tranca na man e un zapato no pé, ela quéreme mal e eu ben sei por que é! Se queres a boa moza non vaias por ela á feira, vaina buscar á súa casa o día da sementeira. Aí che vai, Maruxiña, aí che vai, aí che vai , aí che vai, Maruxiña! no curral de teu pai, no curral de teu pai encirráronme o can, e saíu a miña sogra cunha tranca na man, cunha tranca na man e un zapato no pé, ela quéreme mal e eu ben sei por que é! Se chove deixa chover, se orballa deixa orballar, eu ben sei dun abriguiño onde me hai de ir abrigar Aí che vai, Maruxiña! O caravel cando nace de pequeniño recende, non hai cousa máis humilde có amor cando pretende
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas