🎵
LETRA
San Sadurniño Eu fun á feira de San Sadurniño, enchinme de viño, de rir e troular: bailei a muiñeira, brinquei coas nenas e cun pé de pino din paus a mallar. Ai la larala ai la larala, ai lalarala laralá laralá [BIS] Desfíxenlle o baile, rompinlle o pandeiro e os mozos do Outeiro viñéronse a min; e tonto non fixen no campo enseguida da miña mauciña dous palmos lles din. Ai la lara lá… Loitei un anaco con tres de Liñares tumbeinos aos pares sen nada nas mans; cun puñetazo dos meus cotromeiros chimpeilles os queixeiros a tres de Bardaos. Ai la lara lá… Sentín o aturuxo no medio da ponte que ata o meu monte sentín que estrombou; deixeime de andar e apreto a mauciña pois cara a min viña quen aturuxou. Ai la lara lá… E vin unhos homes no monte correndo cos paus levantados como unhos ladrós; despois de mallarme xunto a un pasadoiro puxéronme en coiros, o medo me entrou. Ai la lara lá… Non volvo á feira de San Sadurniño, nin bebo máis viño nin volvo a troular, nin bailo a muiñeira nin brinco coas nenas, nin co meu pauciño dou paus pra mallar. Ai la larala ai la larala, ai lalarala laralá laralá [BIS] Se vas á festa de Velle virás aburrido, comerás castañas asadas e leite fervido, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e róncalle o corazón, e róncalle o corazón, e róncalle o corazón.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas