🎵
LETRA
Porque Son Da Mariña Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas, BIS cando vai sol non te queimas. Teño unha morena alá en Viascón, teño outra na Pobra e outra en Marcón, e outra en Marcón, e outra en Marcón, teño unha morena alá en Viascón. Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar, que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo. Porque son da Mariña son mariñán e o fungueiro do carro lévoo na man, levo na man morena, levo na man, porque son da Mariña son mariñán. Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda, co aro dunha peneira, miña nai teña vergonza, que vén a xente da feira, que vén a xente da feira ailalelo, ailalalo. Porque son da Mariña son mariñán e o fungueiro do carro lévoo na man, levo na man morena, levo na man, porque son da Mariña son mariñán. Chamáchesme pouca roupa, [BIS] se tes moita teu proveito, menos teño que tirar-e de noite cando me deito. [BIS] Ailaleloo ailalalo Porque son da Mariña son mariñán e o fungueiro do carro lévoo na man, levo na man morena, levo na man, porque son da Mariña son mariñán. Miña nai matou un merlo [BIS] e meu pai unha paxara. Alegría meu irmán que esta noite hai paxarada. [BIS] Ailalelo ailalaloo
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas