🎵
LETRA
Para Vir A Xunta Min Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín! Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña, agora que estou casado, pagoume cunha galiña, pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo! Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín! Túa nai e mais a miña quedan no río berrando por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo, que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín! Eu queríame casare, miña nai non teño roupa casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra. Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín! Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo, ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño. Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas