🎵
LETRA
O Verdegaio As penas do verdegaio son verdes e amarelas, non me toques, senón caio non me rompas as canelas. A do verdegaio, a do ras-tras-tras, quero o meu amor, quero o meu rapaz, a do verdegaio, a do rus-trus-trus, quero o meu amor, quero o meu Xesús. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela (BIS). É do meu gosto, é da miña opiniao, é da madeira máis fina, da raíz do coraçao. Anibía i anubía i anque anubía non chove, o meu amor está malo, anque está malo non morre. Oh, señora Ana, señora María, o seu galo canta e o meu asubía. oh, señora Ana, o seu galo ve unha latadiña na cara do meu. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá... Meu caño, meu cañotiño, todos te chaman pequeno, a min me pareces grande co cariño que che teño. A do verdegaio, a do ras-tras-tras, quero o meu amor, quero o meu rapaz, a do verdegaio, a do rus-trus-trus, quero o meu amor, quero o meu Xesús. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá...
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas