🎵
LETRA
O Piollo E A Pulga Querían Casar O piollo e a pulga querían casar; non tiñan panciño para escomezar. Saíu a formiga da súa graneira; mandade recado que eu son panadeira. Ai, miña vidiña, panciño xa temos mais falta o viño, onde o buscaremos? Saíu o mosquito do seu mosquiteiro; o viño non falta que eu son arrieiro. Ai, miña vidiña, viñiño xa temos mais falta o mantel, onde o buscaremos? Saíu o mosquito do seu mosquiteiro; o viño non falta que eu son arrieiro. Ai, miña vidiña, viñiño xa temos mais falta o mantel, onde o buscaremos? Saíu unha araña da súa arañeira; mantel non vos falta que eu son tecedeira. Ai, miña vidiña, mantel xa che temos mais falta o gaiteiro, onde o buscaremos? E o grilo cantou porque é moi grileiro; gaitiña non falta que eu son o gaiteiro. Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos mais falta a madriña, onde a buscaremos? Saíu a ranciña da súa pociña; mandade recado que eu vou de madriña. Ai, miña vidiña, madriña xa temos mais falta o padriño, onde o buscaremos? Saíu o ratiño do seu buratiño; mandade recado que eu vou de padriño. Mais cando a voda se puña en camiño veu o señor gato e comeu o padriño.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas