🎵
LETRA
O Mar Anda Que Desanda O mar anda que desanda, anda que desaparece; quen ten amores non dorme, quen non os ten adormece (adoece) Mire, meu pai, mire, mire como veño: véñolle morto de frío con fame dun ano e medio, mire, meu pai, mire, mire como veño. Na casa dos pobres reñen e todos teñen razón as mulleres pola saia e os homes polo calzón. Mire, meu pai, mire, mire como veño: véñolle morto de frío con fame dun ano e medio, mire, meu pai, mire, mire como veño. Se chove,deixa que chova se orballa deixa orballar que eu ben sei dun abriguiño onde me hei de ir abrigar. Mire, meu pai, mire, mire como veño: véñolle morto de frío con fame dun ano e medio, mire, meu pai, mire, mire como veño. Miña nai, miña naiciña coma miña nai ningunha que me quentaba a cariña coa caloriña da súa. Mire, meu pai, mire, mire como veño: véñolle morto de frío con fame dun ano e medio, mire, meu pai, mire, mire como veño. Farruquiño anda no monte coa capa remendada; ben cho dixen Farruquiño: quen mal anda mal acaba.
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas