🎵

Na Flor Dos Meus Anos

Cantigas Populares Galegas

LETRA

Traducir
Na Flor Dos Meus Anos
Ai alá na flor dos meus anos,
ai fun unha sacrificada,
ai sufrín penas, sufrín males,
ai, ai o que eu levo pasado,
ai, ai o que eu levo pasado,
ailalala, ailalala.
Ai os meus olliños secaron,
ai de tanto por ti chorare,
agora non teño consolo,
ai alivia o meu penare,
ai alivia o meu penare,
ailalala, ailalala.

Ai Sara, ai Dora,
ai Sara, túa nai chora,
ai Sara, Sarola,
ai Sara do corazonhe.
Ai estreliña do mencer,
irmán pequeniña da Lúa,
non aumentes as miñas dores,
ai deste mal que non ten cura,
ai deste mal que non ten cura,
ailalala, ailalala.
Ai Sara, ai Dora,
ai Sara, túa nai chora,
ai Sara, Sarola,
ai Sara do corazonhe.
Ai San Antonio de Lisboa,
ai feito de pau de sanguiño,
ai dáme lume, dáme forzas
para non perde-lo camiño,
para non perde-lo camiño,
ailalala, ailalala.
Ai Sara, ai Dora,
ai Sara, túa nai chora,
ai Sara, Sarola,
ai Sara do corazonhe.
👤
Letra enviada por @ameliaf640

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Cantigas Populares Galegas

Ver artista