🎵
LETRA
Himno A Galicia (Los Tamara) Himno A Galicia (Los Tamara) ¡Ai! esperta adourada Galicia dese sono en que estas merguzada, do teu ríco porvir alborada polo ceo enxergándose vai. Xa cantando os teus fillos te chaman e cos brazos, en cruz se espreguizan malpocados o que eles cobizan e un bico dos labios da nai. Dése chan venturosa arrincado pola man do meu negro destino hasta mesmo soñando maxino eses campos risoños cruzar. E correr por as hortas e prados onde leda pasou miña infancia respirando a suave fragrancia do xazmin, caravel, azahar. Coido ver mirar esas rías serenas escumando con barcos veleiros e cantares oír feiticeiros que en ningures tan doces oin. Aínda creo sertir as labercas que pineiran nos aires cantando cando o sol vai as nubes pintando de amarelo, de lume e carmín. Eu soñei ver na cuma do pindo adornados de mirto e loureiros escritores, poetas guerreiros, que sorrindo se daban a man. (Continúa na pax. seguinte) Eran eses o fillos máis caros, que da patria aumentaron a gloria, os seus nomes nos fastos da historia, con diamantes grabados serán Acordei adourada Galicia e dos ollos chovianme as bágoas quen puidera beber nas túas augas e os teus aires feliz respirar. De ti lonxe querido curruncho eu morrendo estou de amargura como a froita que vai xa madura entre as silvas o vento guindou. Teño envidia da libre anduriña que ai chega por todos los maios teño envidia das nubes e raios o sureste a esa terra levou. Polo diversos países que eu vaia ti serás miña dolce memoria mesmo entrar non quixera na gloria sin primeiro pasar por ahí. Sin primeiro pasar por aí .(Bis)
◎ Más canciones de Cantigas Populares Galegas
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A BananaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 2A Banana (Petapouco)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 3A Canzón De Un Mariñeiro (Los Tamara)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 4A CarolinaSingle--:--
Cantigas Populares Galegas
- 5A Charanga (Juan Pardo)Single--:--
Cantigas Populares Galegas
- 6A CostureiraSingle--:--
Cantigas Populares Galegas