🎵

Eu Pasei Por Vilariño

Cantigas Populares Galegas

LETRA

Traducir
Eu Pasei Por Vilariño
Eu pasei por Vilariño,
por Vilariño cantando, ailá, ailá,
as mozas de Vilariño
quedan no río berrando, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.

Nena que estás na ventana
coas puntas do pano fóra, ailá, ailá,
recólleas para dentro
que o pano non enamora, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.
Condenado de paxaro
onde foi face-lo niño, ailá, ailá,
nunha gavela de toxos
do Simón de Vilariño, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.
👤
Letra enviada por @jesus0b91

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Cantigas Populares Galegas

Ver artista