🎵

Barqueiros De Ribadavia

Cantigas Populares Galegas

LETRA

Traducir
Barqueiros De Ribadavia
Barqueiros de Ribadavia
vídeme pasar a min
que veño de Santa Rosa
e vou pró San Agustín.
San Hadrián é barqueiro
barqueiro é San Hadrián;
San Hadrián é barqueiro
que leva o remo na man.
Desoutro lado do río
teño unha parriña de uvas,
e o barqueiro non me pasa,
e elas caen de maduras.
Do outro lado do río,
o meu pai ten un palleiro;
cada vez que vai alí
ten que paga-lo barqueiro
👤
Letra enviada por @jazmind7f7

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Cantigas Populares Galegas

Ver artista