🎵
LETRA
Santos Dos Últimos Días Non tiña ningún plan, non, pero un día aparecestes no meu portal como a estrela da mañá. Dixestes «adeus, señor». Non sei por que non me aceptades como un de vós. E eu que inventei o botellón. Son máis vello que internet, pero neste corazón, you know, queda moito tempo que perder. Canto cobran por tatuar? Canto durará esta pel? Talvez así o tempo deixe de pasar. Non sei facer skate, OK, pero nunca é tarde, amigos, para aprender: saio de choiar ás seis. Non fago abdominais xamais, pero o corpo a quen lle importa se é tan fugaz? Eu tamén teño certo swag. Nas entrañas do Youtube busco os éxitos do trap: hostiá, esa é a vosa idea de glamour? Que autoestima tan brutal. Que volátil o pracer. Non sei, creo que aínda así vos quero igual. Sodes así, duros, fermosos e ruíns. Santos dos últimos días. Eu durmiríame abrazado a todos vós. A vida é a merenda dos campións. Strawberry fields, non me tratedes así. Santos dos últimos días. Eu durmiríame con soños dixitais, beautiful like diamonds in the sky.
◎ Más canciones de Ataque Escampe
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A FilharmónicaSingle--:--
Ataque Escampe
- 2Alan LomaxSingle--:--
Ataque Escampe
- 3Barrio SésamoSingle--:--
Ataque Escampe
- 4CorazónSingle--:--
Ataque Escampe
- 5E Eu Que Chorei Con GhostSingle--:--
Ataque Escampe
- 6Mondariz-BalnearioSingle--:--
Ataque Escampe