🎵
LETRA
Corazón Quero ás miñas vísceras. Sempre me sorrín. Non sei se o diría Kierkegaard: crían bolboretas cando estás aquí. E hai bocas que cheiran a alcol de queimar e hai outras que cheiran a pasta de dentes. Serei un cadáver no fondo do mar: deixade que esta noite me coman os peixes. Alan Lomax andou por aquí. Era o ano 2017. As caras moi xuntas. Vivamos como dementes. Quero ver o mundo como un extraterrestre: tentáculos galácticos e ollos fluorescentes. Xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub? Feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais. Que fráxiles os pulmóns. O estómago a piques de estoupar. Pero o corazón vencerá. Vou á cama elástica: saltan canda min. Aínda son bastante cálidas. Pero logo un día deixan cicatriz. Sairemos do tempo do licor café para entrar no do café e o café con leite, e todas as festas do ano que vén van ser bastante peores que as deste. Fela Kuti andou por aquí e a música soaba tan diferente. As caras moi xuntas. Pálidos e adolescentes. Aproveita as cousas que non duran para sempre. Gústame tanto, tanto vivir, onde irá esta paixón cando non quede xente? Xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub? Feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais. O fígado é un cabrón. Do páncreas quen se vai fiar? Pero o corazón vencerá.
◎ Más canciones de Ataque Escampe
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A FilharmónicaSingle--:--
Ataque Escampe
- 2Alan LomaxSingle--:--
Ataque Escampe
- 3Barrio SésamoSingle--:--
Ataque Escampe
- 4E Eu Que Chorei Con GhostSingle--:--
Ataque Escampe
- 5Mondariz-BalnearioSingle--:--
Ataque Escampe
- 6Papá BorrachoSingle--:--
Ataque Escampe