🎵

Durme

Xoel López

Xoel LópezLetra oficial

LETRA

Traducir
Durme
Cando as palmeiras, xa bailen coas estrelas.
E xa, na praia, escoites as ondas murmurar.
Durme... durme... durme meu meniño.
Durme... durme... durme meu ben.

Cando as anduriñas, xa bailen cos morcegos.
E xa, na rúa, as máquinas deixen de soar.
Durme... durme... durme meu meniño.
Durme... durme... durme meu ben.
E cando choren as xanelas
eu virei pra te cantar.
Ó son das bágoas do ceo
que che veñen arrolar.
Cando, na noite, as feras deixen de bruar.
Durme... durme... durme meu meniño.
Durme... durme... durme ata a mañá.
👤
Letra enviada por @bajaplus87

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Xoel López

Ver artista