🎵

Admirando a condición

Sés

SésLetra oficial

LETRA

Traducir
Admirando a condición
Sen pararse nin bulir
marcha a vida e eu aquí,
apelando á comprensión
dun xurado sen perdón,
dun exército sonámbulo,
dun santo con fusil,
dun metódico axudante de arlequín.
Promulgando un baleiro legal,
a queima do cuartel,
repatriando as exiliadas de Babel.

Pido prórroga de fe
propoñendo o meu ceder,
adiando a decepción,
admirando a condición
dun dogmático sen límites,
do ateo inquisidor,
dunha liga de insubmisos da razón,
dun escéptico atónito,
dun mundo sen muller,
dun arrítmico afillado de Ravel.
Admirando a condición
do ridículo, do absurdo, do ilóxico...
Apelando á comprensión...
👤
Letra enviada por @optimagang94

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Sés

Ver artista
Admirando a condición · Sés | Esletras.com