🎵
LETRA
Rock and Roll Estou farto de todo, ¡non me importa nada! Teño o demo no corpo, e férveme a alma. Xa destrocei cristais, xa queimei bandeiras, e xa me parou o corazón unha semaniña enteira. Nada me ensinaron os mestres na escola, de pequechiño engancheime á coca-cola, nunca me fiei dos libros de historia, preferín tronzar muros coa miña cachola. …e eu …QUERO ROCK AND ROLL… …TODA A NOITE E TODO O DÍA… E xisquei os principios todos nun montón, Fun idiota, crin na revolución, e o vello con razón moito me ten berrado. meto os dedos nun enchufe e non dou “espabilado”. E hoxe é mal día para o r&r, o xugo deste arado non deixa ver o sol, e levo os petos cheos de pedras, ogallá foran millóns, “docamal miña raíña” eu só che podo dar os meus beixos. …e eu …QUERO ROCK AND ROLL… …TODA A NOITE E TODO O DÍA… E virouse tola a maquinaria do reloxo, sacúdeme no peito se me quedo durmido, que aquí non cre en deus nin sequera o crego, e xa adoece por mín o fodido burato. - Victor Neira -
◎ Más canciones de Ruxe-Ruxe
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A DeshoraSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 2A Santa CompañaSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 3A terra dos comentosSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 4AbondoSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 5AdianteSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 6AmoladoSingle--:--
Ruxe-Ruxe