🎵
LETRA
Neve A min, que chamei ás portas do inferno, a min, que camiñei pola corredoira escura, a min, que falei coas pantasmas máis macabras, a min, que arrepío a cada hora, a cada intento. Dáme inverno, dáme o teu vento ferido, e dáme inferno, dáme o teu lume prendido, dáme ascuas, que quenzan os meus pecados e dáme neve para o meu corazón ... xeado. E fan múltiples formas hoxe as nubes no ceo, e ti pasmas a mirar con ese vello catalexo, e xa sei o que andas a buscar máis alá da estratosfera pero canto máis te achegas, esa luz máis se alonxa. E aquí abaixo entre a terra, entre raíces e miñocas, estou xordo coma unha tapia e non escoito esas notas, e mergullo entre corais no fondo azul do océano, estou espido e fico quieto, non sinto nada e teño medo.
◎ Más canciones de Ruxe-Ruxe
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1A DeshoraSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 2A Santa CompañaSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 3A terra dos comentosSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 4AbondoSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 5AdianteSingle--:--
Ruxe-Ruxe
- 6AmoladoSingle--:--
Ruxe-Ruxe