🎵
LETRA
Só quero un adeus Dar un paso atrás, mover as horas atrasar o reloxo para camiñar á contra Xirar a agulla con dozura corrixindo os erros E sinto que todo é unha lección, un soño que afoga os meus folgos Apaño recordos saboreo os encontros só quero un adeus Cando a distancia non son metros son barreiras alleas E a rotina e a pereza converten en cadeas Non a rompín a tempo. Desertos de silencio Culpa e bágoas, o lamento que se perde co vento E sinto que todo é unha lección, un soño que afoga os meus folgos E apaño recordos saboreo os encontros só quero un adeus Quero pensar que só hai un ceo e non existe o inferno Quero crer que nos veremos máis tarde que cedo Quero buscar como falarche do meu cerebro Pasa o tempo, pasa a vida e eu aínda te quero Supeditei os actos e non estivemos xuntos uooooh, uooooh Hoxe o traballo e a pereza só son unha excusa E sinto que todo é unha lección, un soño que afoga os meus folgos Repaño recordos, maldigo os desencontros máis tarde ou cedo aí estarei sentado no teu colo
◎ Más canciones de Nao
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1Alba de groriaSingle--:--
Nao
- 2Esta nocheSingle--:--
Nao
- 3Heroes da resistenciaSingle--:--
Nao
- 4Je Veux (Zaz)Single--:--
Nao
- 5Jugaste conmigoSingle--:--
Nao
- 6Nova poesía galega IISingle--:--
Nao