🎵

Troquemos Muñeira de Mazaricos

Luar Na Lubre

Luar Na LubreLetra oficial

LETRA

Traducir
Troquemos Muñeira de Mazaricos
Se queres trocar trocamos
se queres trocar troquemos
estes meus ollos gallados
polos teus que son morenos
Tes ollos e non me miras
e tes boca e non me falas
e se tes outros amores
porque non me desenganas

Tanto miras para min
tanto che debo gostare
se fora filla dun rico
non me deixabas quedare
Pasei pola tua porta
pedinche auga e non ma deche
cando pases pola miña
farei o que me fixeche
Pasei pola tua porta
mirei polo trabelo
e a ladra da tua nai
acirroume o can trabelo
Se queres que eu cho diga
eu cantando cho direi
cantando tiven amores
e cantando os olvidei
👤
Letra enviada por @agustinu33

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Luar Na Lubre

Ver artista
Troquemos Muñeira de Mazaricos · Luar Na Lubre | Esletras.com