🎵
LETRA
Bos e Xenerosos Os séculos de sumisión, nunca os esquezades mouros infernos sen final, longa noite de pedra lembrade a súa imposición, lembrade as aldraxes sermos lacallos dos seus reis, das súas maxestades sen dubidar, a quen mataban ou non trouxeron as súas leis, medrou o odio Nos paseios do '36, sangue nos camiños corpos labregos caían bai - xo as balas do feixismo Houbo quen non se axeonllou, quen non foi sumiso e dende o monte respostou, eran os fuxidos Nas súas mans,o orgullo dunha nazón en forma de fusil ANTIFEIXISTA Bos e xenerosos, lei de Breogán O futuro é voso, dos vosos irmáns Bos e xenerosos, lei de Breogán En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar Outono do '72, nosos sacrificios revoltas, en Vigo e Ferrol, mortos e feridos. Houbo quen non se axeonllou, ao ser despedido e dende a rúa respostou, ó estado de sitio. O seu loitar, o exemplo que sementou o orgullo de sermos nós, a clase obreira Bos e xenerosos, lei de Breogán O futuro é voso, dos vosos irmáns Bos e xenerosos, lei de Breogán En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar (x3) *Xa poden os leiros dar, colleitas ben abondosas; poden en Madrid falar, con palabras ben fermosas, que nunca, nunca nos han pagar a nosa fame de outrora*
◎ Más canciones de Keltoi
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1Da mar e dos homesSingle--:--
Keltoi
- 2Esperta xa!Single--:--
Keltoi
- 3Keltoi!Single--:--
Keltoi
- 4O noso día chegaráSingle--:--
Keltoi
- 5Raiba OperáriaSingle--:--
Keltoi
- 6Tiveches que ser forteSingle--:--
Keltoi