🎵
LETRA
Ultramenia (Gallego) Non é bo para ti que preguntes demais, que te apartes do carreiro do perfecto cidadan. Matrimonio soso, traballo precario na tua mente a quimera de te facér encargado. Tampouco che convén perderte en moitas leiras cos feitos que, o pensalos, se converten en problemas. Deixa que o mundo siga o curso seu e continua o teu camiño en silencio e o teu. Non cometa-lo erro de altera-las directrices en que se apoia a xente con quen vives. "É preferible a inxustiza a desorde" dicia o meu avo o se abrocha-lo uniforme. A tua conducta inquieta os veciños, sinalante pola rua os que foron teus amigos. Isto xa era asi antes de que ti naceses, non lle deas mais voltas, cala e obedece: Porque estás en Ultramemia, vivirás en Ultramemia, naceches en Ultramemia, e morrerás de noxo bordando co teu tedio a sua bandeira. Non é aconsellable desconfiar do mandatario, sagrado temonel do teu destino e o teu fado. El pensa por ti para que non penses en nada: cun cerebro sobra para toda a niñada. Enturbas con dubidas a imaxe do Mister e por riba pretendes que ninguén te vixie. Isto xa era asi antes de que ti naceses, non lle deas mais voltas, cala e obedece: Porque estás en Ultramemia, vivirás en Ultramemia, naceches en Ultramemia, e morrerás de noxo bordando co teu tedio a sua bandeira. Segue cos selos ali na estafeta, mellor ser anodino ca profeta. Quita esas parvadas dos miolos. Tampouco é tan incomodo vivir de xeonllos
◎ Más canciones de Def Con Dos
Ver artista#TítuloÁlbumDuración
- 1Acción MutanteSingle--:--
Def Con Dos
- 2Agrupación de Mujeres ViolentasSingle--:--
Def Con Dos
- 3AlzheimerSingle--:--
Def Con Dos
- 4Aló, Alá?Single--:--
Def Con Dos
- 5Apocalipsis AhoraSingle--:--
Def Con Dos
- 6Basta de NacimientosSingle--:--
Def Con Dos