🎵

Fragasaurus Rex II

Dakidarria

DakidarriaLetra oficial

LETRA

Traducir
Fragasaurus Rex II
Representa a unha especie en perigo de extinción
mais non hai que protexelo, isto é unha excepción,
é un bicho tan noxento, tan horrible e tan cabrón
tan viscoso e repunante, vello fascista traidor...

Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
Todos tranquilos que non morre,
este non morre nin pa Dios
e de Dios quería falarvos
xa que el é o creador.
Non sei como tivo huevos
a parir a este cabrón.
Se Dios fai estas cousas
eu reniegho do señor.
Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
Non podemos comparalo con ningún outro animal
é un mounstruo avaricioso que conseguiu escapar
do meteorito criminal que matou aos seus irmáns
e das bombas dos 70 que fan os coches voar.
É un bicho abobinable que abanea ao camiñar
e que bebe todo leite que Galiza pode dar.
Entón ponse diarreico como es natural
enchendo de merda negra as costas do noso mar.

Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
Manoliño, Manoliño,
que escapou do meteorito
Fragasaurus Rex.
👤
Letra enviada por @cosassombrafactory

Las letras de canciones pertenecen a sus respectivos autores y titulares de derechos.

Más canciones de Dakidarria

Ver artista